Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo celebra o Día Europeo das linguas

Lugo celebra o Día Europeo das linguas

  • Tema
    • Igualdade
Mércores, 13 de outubro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As Concelleiras de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, asistiron na Casa das Linguas ós actos conmemorativos do Día Europeo das linguas. Os actos foron organizados polo Concello de Lugo, a través das Concellerías de Benestar, Economía e Emprego e o Centro de información europea Europe Direct-Lugo.

A celebración consistiu nun programa de actividades dirixidas especialmente ós máis pequenos para transmitirlles a mensaxe de que o multilingüismo é un dos valores clave de Europa.

Ademais, tratouse de facerlles ver que a aprendizaxe de idiomas permite ós cidadáns enriquecer a súa vida, así como experimentar novas ideas e tamén exercitar a mente e beneficiarse da diversidade cultural que ten Europa, sen contar coas posibilidades que ofrece para mellorar considerablemente as perspectivas profesionais.

http://www.lugo.es/europedirect [1]

casadaslinguasconcellodelugo.blogspot.com [2]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-celebra-o-dia-europeo-das-linguas

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/europedirect
[2] http://casadaslinguasconcellodelugo.blogspot.com