López Orozco defende que o sistema ORA ten como obxectivo o fomento da mobilidade na cidade e o uso do transporte público

Mércores, 17 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, defendeu hoxe que o sistema ORA ten como obxectivo o fomento da mobilidade na cidade, así como o uso do transporte público.

López Orozco manifestou hoxe que en todas as cidades desenvolvidas hai un sistema ORA necesario, posto que o número de vehículos aumentou máis que o número de prazas para estacionalos.

Así mesmo, expuxo que todos os Concellos teñen arbitrado medidas tales como a zona ORA e os aparcamentos disuasorios ou os descontos que se aplican nos parkings públicos municipais para facilitar o estacionamento nas cidades.

Unha medida que reclamaron numerosos cidadáns e comerciantes da cidade coa que se pretenden fomentar a mobilidade dos vehículos, así como o uso do transporte público.

López Orozco destacou que a medida está sendo comunicada a todos os usuarios a través dun folleto informativo no que se advirte aos condutores no seu propio vehículo da necesidade de mover o coche cada dúas horas.

O Alcalde de Lugo condicionou o cambio na ordenanza que regula o sistema ORA á aprobación do Plan de Mobilidade, actualmente en fase de debate público.

Así mesmo, rexeitou a existencia dun afán recadatorio e explicou que o Concello percibe a mesma cantidade que viña percibindo anteriormente e que o que se pretende é fomentar a mobilidade e que todo o mundo poida realizar xestións comerciais ou administrativas nesas zonas.

Noticias relacionadas