Lara Méndez reivindica a necesidade de potenciar o sector alimentario de Lugo durante a festividade de San Alberte Magno

Luns, 15 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez reivindica a necesidade de potenciar o sector alimentario de Lugo durante a festividade de San Alberte Magno

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este luns na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC na conferencia “Soberanía Alimentaria y Salud. Retos y Oportunidades”, impartida pola Doutora María Ángeles Romero Rodríguez, catedrática da área de Tecnoloxía dos Alimentos da USC, no marco do acto académico con motivo da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química.

Lara Méndez destacou “a importancia do sector agroalimentario en Lugo e na súa provincia, tanto pola necesidade de potenciar os alimentos e produtos de quilómetro cero, en aras de axudar aos nosos productores e tamén de incrementar a sustentabilidade do sistema, aforrando custes e rebaixando as emisións de gases contaminantes; como pola necesidade de contar cun sector máis forte na nosa comunidade que mitigue as consecuencias dunha folga de distribuidores ou outras problemáticas que leven á carencia de produtos básicos”.

Neste senso, a rexedora lembrou que “precisamente un dos sectores polo que estamos a apostar no marco da estratexia Lugo Transforma, coa que mobilizaremos 12 millóns de investimento municipal en 5 anos parar atraer inversión e crear emprego no municipio, é o agroalimentario, así se acordou tamén na Mesa da Diversificación Industrial de Lugo, na que participan axentes público e privados, así como colectivos sociais, ademais da Universidade”.

Así mesmo, a alcaldesa puxo en valor e subliñou a “importancia de contar cunha Cátedra do Pan e do Cereal no Campus Terra lucense para a difusión de coñecementos relacionados con este ámbito da produción agrícola e a transformación”.

Multimedia

  • Lara Méndez reivindica a necesidade de potenciar o sector alimentario de Lugo durante a festividade de San Alberte Magno

Noticias relacionadas