Lara Méndez recupera un inmoble no Carme como primeiro coliving artístico e os seus espazos verdes para uso público e cultural

A alcaldesa de Lugo promoverá nesta intervención a pé do Camiño Primitivo o talento lucense a través da convivencia entre creadores e impulsará as novas industriais artísticas.

A intervención incluirá tamén a execución dun novo edificio de madeira e cristal para desenvolver exposicións e a creación dunha zona cultural aberta.

A infraestrutura verde, de 3.000 metros cadrados, será respectuosa coa vexetación da contorna, e o seu deseño permitirá organizar concertos, teatro e outras actuacións.

O Concello entregará bolsas anuais para a estadía dos artistas, aos que tamén asesorará na creación das súas propias empresas e poñeralos en contacto cos axentes culturais.

A obra, enmarcada na estratexia DUSI Muramiñae, sairá a licitación tras a súa aprobación na Xunta de Goberno Local da vindeira semana cun investimento de medio millón de euros.

Martes, 19 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recupera un inmoble no Carme como primeiro coliving artístico e os seus espazos verdes para uso público e cultural

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou hoxe o proxecto de rehabilitación dun inmoble municipal no Carme, situado a pé do Camiño Primitivo, que se converterá no primeiro coliving artístico de carácter municipal de España, e que incluirá, ademais, a execución dunha nova edificación como área expositiva e a recuperación de 3.000 metros cadrados de infraestruturas verdes ao seu carón “co fin de xerar tamén un espazo de uso para toda a cidadanía lucense e unha zona cultural aberta que poida albergar unha programación propia”.

Segundo avanzou a rexedora, o coliving “é unha fórmula que supera aos espazos clásicos de emprendimiento, os coñecidos como coworking, xa que, neste caso, os artistas, ao mesmo tempo que comparten lugar de traballo para desenvolver o seu proxecto creativo, compartirán vivenda e experiencias durante un tempo”. Apuntou, así mesmo, “que precisamente, grazas a situarse en pleno Camiño Primitivo, os creadores conectarán cunha contorna patrimonial de gran valor e inspiración, Patrimonio da Unesco, así como cos peregrinos que o percorren”.

Os obxectivos desta iniciativa, que se enmarca na estratexia DUSI Muramiñae de unión da trama urbana co Miño, serán darlle unha oportunidade aos talentos lucenses, potenciar o emprendimiento en iniciativas culturais e utilizar a creación como medio de expresión e nexo entre o patrimonio histórico-cultural de Lugo co pensamento e a sociedade, así como revitalizar o Camiño Primitivo e o turismo de calidade e experiencias que esta vía de peregrinaxe atrae a Lugo.

A intervención que acometerá o Concello, cuxa execución sairá a licitación na Xunta de Goberno Local da vindeira semana por 500.000 euros e un prazo de obra de 10 meses, incluirá  a rehabilitación da vivenda, que disporá de tres habitacións, espazos comúns e áreas de traballo e talleres, a recuperación do espazo exterior para crear unha zona verde de 3.000 metros cadrados respectuosa coa vexetación boscosa da contorna, que será tamén un espazo onde se organizarán concertos, teatro e mostras cos traballos dos artistas residentes, e a creación dunha nova edificación, que funcionará como zona expositiva.

Lara Méndez avanzou que o proxecto é respectuoso co sistema tradicional da vivenda que se recuperará, “que se conservará, así como os muros e todos os elementos existentes de valor, como o muíño contiguo, intervindo só naquelas zonas danadas ou con falta de habitabilidade”.

Este equipamento cultural ampliarase cun novo edificio independente, de madeira e cristal co fin de aumentar a sensación de lixeireza e de que sexa pouco invasivo na paisaxe.

En canto os espazos verdes, o seu deseño da resposta aos desniveis existentes desde a Rolda do Carme á casa, de 10 metros, para que sexa accesible, polo que se estruturará en bancais e delimitará de espazos aproveitando os muros existentes para crear distintas zonas onde desenvolver actividades culturais. Así mesmo, a existencia de auga na parcela permitirá canalizala para crear un estanque con vexetación adecuada ao seu ao redor.

A rexedora puxo en valor á xeración da estrutura verde, que conectará a cidade amurallada co leito do río, mostrando a localización das antigas hortas e respectando a vexetación tradicional. “Non buscamos crear un xardín senón xestar dous ambientes principais e diferenciados”, explicou, “un, de carácter máis forestal, que separará o espazo do tráfico rodado do Carme, con arboledo composto principalmente por exemplares de folla caduca (nogueira, bidueiro e carballos), e un segundo ambiente, de carácter máis aberto, que se relaciona co uso específico da arquitectura proxectada proporcionando espazos exteriores de estar, bancadas, bancos corridos, etc”.

A alcaldesa presentou o proxecto acompañada dos concelleiros de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana González Abelleira, e de Xuventude, Mauricio Repetto.

Para fomentar o emprendemento cultural, Méndez anunciou que o Concello de Lugo entregará bolsas anuais para a estadía dos artistas, de duración de catro meses, e  conformarase un comité de profesionais do mundo da arte con recoñecido prestixio para a selección dos artistas e dos mentores.

Ademais da formación creativa, “o Concello, con apoio do CEI-Nodus, asesorará aos artistas residentes na creación das súas propias empresas e axudará a poñelos en contacto dos distintos axentes culturais, de xeito que os acompañaremos no seu desenvolvemento profesional e empresarial”, explicou a rexedora.

A casa Coliving é un proxecto enmarcado na estratexia DUSI Muramiñae, financiado ao 80% pola Unión Europea, a través dos fondos FEDER, e cuxo obxectivo é unir a trama urbana de Lugo coa súa contorna fluvial, para acadar unha cidade máis sostible, verde, innovadora e moderna.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o Coliving | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez recupera un inmoble no Carme como primeiro coliving artístico e os seus espazos verdes para uso público e cultural
  • Lara Méndez recupera un inmoble no Carme como primeiro coliving artístico e os seus espazos verdes para uso público e cultural
  • Lara Méndez recupera un inmoble no Carme como primeiro coliving artístico e os seus espazos verdes para uso público e cultural
  • Lara Méndez recupera un inmoble no Carme como primeiro coliving artístico e os seus espazos verdes para uso público e cultural
  • Lara Méndez recupera un inmoble no Carme como primeiro coliving artístico e os seus espazos verdes para uso público e cultural
  • Lara Méndez recupera un inmoble no Carme como primeiro coliving artístico e os seus espazos verdes para uso público e cultural
  • Lara Méndez recupera un inmoble no Carme como primeiro coliving artístico e os seus espazos verdes para uso público e cultural

Noticias relacionadas