
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez acudía esta mañá ao Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal, para recibir ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, xornada na que “se abordaron cuestións do sector agroalimentario” apuntaba a rexedora.
Neste senso, a alcaldesa lembrou que “precisamente un dos sectores polo que estamos a apostar no marco da estratexia Lugo Transforma, coa que mobilizaremos 12 millóns de investimento municipal parar atraer inversión e crear emprego no municipio, é o agroalimentario”.
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación creaba no ano 2020 en Lugo o Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal, coincidindo coa celebración do Ano Internacional da Sanidade Vexetal. Entre os labores do laboratorio está a coordinación dos métodos e técnicas empregadas nos centros destas características repartidos polas diferentes comunidades autónomas.