Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez recibe no Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas

Lara Méndez recibe no Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Medio rural,
    • Medio ambiente
Mércores, 06 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe no Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez acudía esta mañá ao Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal, para recibir ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, xornada na que “se abordaron cuestións do sector agroalimentario” apuntaba a rexedora.

Neste senso, a alcaldesa lembrou que “precisamente un dos sectores polo que estamos a apostar no marco da estratexia Lugo Transforma, coa que mobilizaremos 12 millóns de investimento municipal parar atraer inversión e crear emprego no municipio, é o agroalimentario”.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación creaba no ano 2020 en Lugo o Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal, coincidindo coa celebración do Ano Internacional da Sanidade Vexetal. Entre os labores do laboratorio está a coordinación dos métodos e técnicas empregadas nos centros destas características repartidos polas diferentes comunidades autónomas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-recibe-no-laboratorio-nacional-de-sanidade-vexetal-ao-ministro-de-agricultura