Luns, 20 de xaneiro de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibía hoxe no Salón de Plenos a 10 alumnas e alumnos e dous profesores procedentes da localidade austriaca de Perchtoldsdorf, ao que estes días se atopan facendo un intercambio no IES Virxe dos Ollos Grandes.
Durante o encontro, ao que tamén asistiron outros dez estudantes do centro lucense, a rexedora aproveitou para explicarlles o funcionamento e organización da administración local así como outras características demográficas e sociais de interese do municipio.