Lara Méndez recibe ao barraquista do Gran Prix que fixo unha doazón como agradecemento polo San Froilán do ano pasado

Sábado, 08 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe ao barraquista do Gran Prix que fixo unha doazón como agradecemento polo San Froilán do ano pasado

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu hoxe a José Luis Sanmáximo, responsable da atracción Grand Prix, que aproveitou a súa estancia na cidade con motivo do San Froilán para achegarse a saudar e agradecer á mandataria lucense a implicación persoal que tivo na pasada edición das festas patronais,  “que ofreceu unha solución que nos permitiu retomar a actividade económica nuns momentos tan complicados para o noso sector”.

José Luís Sanmáximo xa amosou a súa gratitude o ano pasado, cunha doazón de 3.000 euros para que o Concello realizase actividades para os nenos e nenas da cidade, que se desenvolveron no pasado Nadal.

A rexedora, pola súa banda, lembrou a importancia que tivo a recuperación xa do San Froilán o ano pasado, que se desenvolveu aínda con restricións debido a pandemia, “pero onde tanto os barraquistas como a poboación estiveron a altura cumprindo con todos os protocolos de seguridade, polo que conseguimos, entre todos, manter un equilibrio entre recuperación económica e as medidas sanitarias, e onde foi moi importante ver os sorrisos dos máis pequenos”.

Noticias relacionadas