Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez recibe ao barraquista do Gran Prix que fixo unha doazón como agradecemento polo San Froilán do ano pasado

Lara Méndez recibe ao barraquista do Gran Prix que fixo unha doazón como agradecemento polo San Froilán do ano pasado

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Solidariedade,
    • Cultura e Turismo
Sábado, 08 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe ao barraquista do Gran Prix que fixo unha doazón como agradecemento polo San Froilán do ano pasado

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu hoxe a José Luis Sanmáximo, responsable da atracción Grand Prix, que aproveitou a súa estancia na cidade con motivo do San Froilán para achegarse a saudar e agradecer á mandataria lucense a implicación persoal que tivo na pasada edición das festas patronais,  “que ofreceu unha solución que nos permitiu retomar a actividade económica nuns momentos tan complicados para o noso sector”.

José Luís Sanmáximo xa amosou a súa gratitude o ano pasado, cunha doazón de 3.000 euros para que o Concello realizase actividades para os nenos e nenas da cidade, que se desenvolveron no pasado Nadal.

A rexedora, pola súa banda, lembrou a importancia que tivo a recuperación xa do San Froilán o ano pasado, que se desenvolveu aínda con restricións debido a pandemia, “pero onde tanto os barraquistas como a poboación estiveron a altura cumprindo con todos os protocolos de seguridade, polo que conseguimos, entre todos, manter un equilibrio entre recuperación económica e as medidas sanitarias, e onde foi moi importante ver os sorrisos dos máis pequenos”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-recibe-ao-barraquista-do-gran-prix-que-fixo-unha-doazon-como-agradecemento-polo