Lara Méndez presente na inauguración XII Congreso de Economía Agraria

Mendéz explicou que “En Lugo estamos moi concienciados co Medio Ambiente"

A rexedora destacou todas as medidas enfocadas a conseguir ademais dunha economía local forte, barrios vibrantes e inclusivos e unha cidade recoñecida internacionalmente que satisfaga as necesidades das xeracións próximas

Mércores, 04 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A alcaldesa Lara Méndez, estivo presente este mércores na inauguración  ‘XII Congreso de Economía Agraria’ organizado pola Asociación Española de Economía Agraria (AEEA), un acto celebrado no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñería e moi importante para o intercambio de coñecementos, en materia de investigación sobre temas de Economía Agraria, Medio Ambiente e Desenvolvemento Territorial, tanto no ámbito nacional como no internacional.

 Os temas prioritarios do Congreso, programáronse con tres sesiones plenarias: Sostenibilidad y retos del sector lácteo, O territorio rural máis aló da produción: intensificación, límites físicos e ambiente e Cooperación e agrupacións industriais agroalimentarios para promover a innovación e a sustentabilidade.

 Mendéz explicou que “En Lugo estamos moi concienciados co Medio Ambiente así, é que  actualmente estamos en proceso de construír o que será o primeiro edificio público que se levantará en madeira como material estructural á vez que impulsamos o que será o primeiro barrio multiecolóxico de España e pronto daremos a coñecer as primeiras Solucións Sustentables para a planificación de municipios sustentables, cun catálogo que será pioneiro nas súas formulacións”.

 Tamen falou de todas as medidas enfocadas a conseguir ademais dunha economía local forte, barrios vibrantes e inclusivos e unha cidade recoñecida internacionalmente que satisfaga as necesidades das xeracións próximas.

 A rexedora compartiu mesa con, Luis Planas Puchades, Ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación, Raúl Compés López, Presidente de la Asociación Española de Economía Agraria, José Tomé Roca, Presidente de la Diputación de Lugo, Antonio López Díaz, Reitor da USC, José González Vázquez, Conselleiro do Medio Rural, Eduardo Baamonde Noche e Presidente del Consejo Rector de Cajamar.

E Méndez finalizou convidandoos “A gozar da cidade, do seu rico e extenso patrimonio, da súa historia, e das súas xentes”.

Noticias relacionadas