Lara Méndez felicita a apertura de Bricomart en Lugo, que xerará 82 postos de traballo “nun momento de impulso económico da cidade”

A alcaldesa, acompañada dos edís de Medio Ambiente e Economía, coñeceu in situ as novas instalacións, que abrirán ao público mañá no parque empresarial de As Gándaras.

Lara Méndez destacou “a importante inversión, de máis de 6 millóns, realizada pola compañía para asentarse en Lugo e aposta polo noso municipio para seguir medrando”.

Esta tenda, converterase na trixésima da compañía en España. O de Lugo será, así mesmo, o primeiro Bricomart en ser inaugurado neste 2022.

Martes, 08 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez felicita a apertura de Bricomart en Lugo, que xerará 82 postos de traballo “nun momento de impulso económico da cidade”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este martes na inauguración do novo almacén Bricomart en Lugo, especializado en productos de construción e reforma, que abre mañá as súas portas ao público no polígono industrial de As Gándaras. A rexedora estivo acompañada polo concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández; e a concelleira de Economía, Paula Alvarellos, xunto a outras autoridades.

Durante o transcurso do acto, Lara Méndez destacou “a imporante inversión, de máis de 6 millóns de euros, realizada pola compañía para abrir as súas novas instalacións en Lugo nun momento de impulso económico da cidade”, así como “a aposta polo noso municipio para seguir medrando en España, contribuíndo ademais á xeración de emprego estable e de calidade na nosa cidade, creando 82 postos de traballo directos, así como varios indirectos no sector da limpeza e a seguridade, cubertos, na súa maioría por lucenses”.

Esta tenda, converterase na trixésima da compañía en España. O de Lugo será, así mesmo, o primeiro Bricomart en ser inaugurado neste 2022.

Méndez puxo de relevo a aposta de Bricomart en Lugo, “unha excelente nova para a dinamización económica e a creación de emprego na cidade, unha aposta na que o Concello está a realizar un investimento de 20 millóns de euros con fondos propios, o 20% do orzamento municipal, co obxectivo de impulsar a industrialización, a atracción e empresas e o comercio de proximidade, claves para o presente e futuro de Lugo".

A alcaldesa lembrou, así mesmo, a colaboración do Concello para facilitar a instalación da compañía en Lugo “posibilitando a construción inmediata da nave, á vez que se realizaban os traballos de urbanización da fase II do polígono, e facilitando as instalacións do CEI Nodus para realizar o proceso de selección do persoal do novo establecemento, a través de Adecco”.

Finalmente, destacou “o traballo que estamos a levar a cabo dende o executivo municipal co tecido económico e empresarial da nosa cidade, en prol da recuperación postpandemia, a través de diferentes plans, entre os que destacan a Estratexia Lugo Transforma para atraer empresas que xeren un alto impacto social, innovador e medioambiental, así como a través de outras iniciativas como a Mesa de Diversificación Industrial ou o Plan de Dinamización de Barrios”, concluíu.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a inauguración de Bricomart | Descargar mp3

Noticias relacionadas