Lara Méndez e Darío Campos entregan a FUDACE un talón de 3.025 euros, do recadado pola entrada ao I Salón do Cabalo en Familia, co que colaboran as entidades local e provincial

Luns, 07 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez e Darío Campos entregan a FUDACE un talón de 3.025 euros, do recadado pola entrada ao I Salón do Cabalo en Familia, co que colaboran as entidades local e provincial

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, fixeron entrega este luns, no Salón de Plenos do Concello, dun talón ao presidente da Fundación Dano Cerebral (FUDACE), Luis Abelleira, dun valor de 3.025 euros, do recadado polas entradas ao I Salón do Cabalo en Familia, no marco do IX Salón Internacional do Cabalo, Equigal, co que colabora o Concello e a Deputación. Ao acto tamén asistiu a Co-Directora de Equigal, Ana Lago, así como algún dos seus patrocinadores.

Méndez e Campos puxeron en valor a vertente social, á marxe da lúdica-educativa, do I Salón do Cabalo en Familia, así como o lado máis solidario da cidadanía por apoiar que a asistencia a unha feira se convirta en recursos económicos para mellorar a calidade de vida noutras persoas. Así mesmo, a rexedora e o mandatario provincial subliñaron o labor tan necesario que leva a cabo FUDACE, como o da inserción laboral de persoas con dano cerebral.

Pola súa banda, Abelleira amosou a súa satisfacción porque Concello e Deputación apoien este evento, que se xa era grande, tanto porque no marco desta feira se celebraba o Campionato Internacional Morfolóxico Pura Raza Española, puntuable para o Campionato Nacional; como pola súa repercusión na cidade, 15.000 visitantes, cun retorno económico de 500.000 euros, este ano aínda foi máis grande, por poñer enriba da mesa unha nova forma de facer no mundo das exposicións, caracterizada polo bo facer, xa que por se fose pouco cun salón internacional, foi un evento solidario, tal e como subliñou a Méndez.

Noticias relacionadas