Quedaron en seguir mantendo o contacto para avanzar nos plans vinculados na sustentabilidade, o reto demográfico e na estratexia de acadar os 100.000 habitantes.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo un encontro coa Ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, na Feira de Turismo Internacional (Fitur) en Madrid, a quen lle avanzou os proxectos en sustentabilidade que está desenvolvendo o concello.
A rexedora trasladoulle que “neste momento, Lugo ten a oportunidade de servir de referente e liderar o crecemento urbano sustentable xa que, utilizando o noso potencial natural, a madeira, e para mitigar o cambio climático, podemos atopar o camiño dun novo modelo económico sustentable e mellorar a calidade de vida das persoas”.
Méndez faloulle dos proxectos LIFE postos en marcha e a rexedora e a ministra quedaron en seguir mantendo contactos para avanzar nos plans vinculados tanto na sustentabilidade como no reto demográfico e na estratexia de acadar os 100.000 habitantes.