Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez avanzoulle en Fitur o proxecto contra o cambio climático de Lugo á Ministra para a Transición Ecolóxica

Lara Méndez avanzoulle en Fitur o proxecto contra o cambio climático de Lugo á Ministra para a Transición Ecolóxica

Quedaron en seguir mantendo o contacto para avanzar nos plans vinculados na sustentabilidade, o reto demográfico e na estratexia de acadar os 100.000 habitantes.

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Medio ambiente
Sábado, 25 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez avanzoulle en Fitur o proxecto contra o cambio climático de Lugo á Ministra para a Transición Ecolóxica

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo un encontro coa Ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, na Feira de Turismo Internacional (Fitur) en Madrid, a quen lle avanzou os proxectos en sustentabilidade que está desenvolvendo o concello.

A rexedora trasladoulle que “neste momento, Lugo ten a oportunidade de servir de referente e liderar o crecemento urbano sustentable xa que, utilizando o noso potencial natural, a madeira, e para mitigar o cambio climático, podemos atopar o camiño dun novo modelo económico sustentable e mellorar a calidade de vida das persoas”.

Méndez faloulle dos proxectos LIFE postos en marcha e a rexedora e a ministra quedaron en seguir mantendo contactos para avanzar nos plans vinculados tanto na sustentabilidade como no reto demográfico e na estratexia de acadar os 100.000 habitantes.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-avanzoulle-en-fitur-o-proxecto-contra-o-cambio-climatico-de-lugo-ministra-para