Lara Méndez aplaude a creación dun novo Xulgado de Primeira Instancia en Lugo

Xoves, 07 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aplaudiu a creación dun novo Xulgado de Primeira Instancia na cidade e agradeceu a predisposición do Goberno Central para seguir dotando ao municipio dunha estrutura xurídica acorde ás necesidades e ao volume de traballo que, a este respecto, se asume na capital.

"Dende o Concello amosamos a nosa gratitude por atender ás reivindicacións da sociedade lucense e autorizar a creación desta nova unidade xudicial que, estamos seguros, manifestou a rexedora, contribuirá a desatascar a importante cantidade de casos que aborda e que dirimen nel o inicio do seu procedemento para poder resolverse definitivamente".

A alcaldesa agarda que a súa posta en marcha sexa inminente, con todos os recursos materias e humanos que precise e, unha vez máis, puxo en valor a receptividade do Executivo estatal coas peticións dos e das lucenses - logo de conceder hai pouco máis dun ano a creación doutro Xulgado, o número 4 do Social - "o que evidencia o seu grao de compromiso para co noso municipio tanto nesta materia como no resto de competencias das q ten titularidade, nomeadamente nas infraestruturas, como a Estación Intermodal ou a rotonda da Nacional VI á altura de Alfonso X, por mencionar algunhas das máis recentes", lembrou Méndez.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o Novo Xulgado de Primeira Instancia | Descargar mp3

Noticias relacionadas