Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez aplaude a creación dun novo Xulgado de Primeira Instancia en Lugo

Lara Méndez aplaude a creación dun novo Xulgado de Primeira Instancia en Lugo

  • Tema
    • Benestar social,
    • Servizos sociais,
    • Infraestruturas
Xoves, 07 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aplaudiu a creación dun novo Xulgado de Primeira Instancia na cidade e agradeceu a predisposición do Goberno Central para seguir dotando ao municipio dunha estrutura xurídica acorde ás necesidades e ao volume de traballo que, a este respecto, se asume na capital.

"Dende o Concello amosamos a nosa gratitude por atender ás reivindicacións da sociedade lucense e autorizar a creación desta nova unidade xudicial que, estamos seguros, manifestou a rexedora, contribuirá a desatascar a importante cantidade de casos que aborda e que dirimen nel o inicio do seu procedemento para poder resolverse definitivamente".

A alcaldesa agarda que a súa posta en marcha sexa inminente, con todos os recursos materias e humanos que precise e, unha vez máis, puxo en valor a receptividade do Executivo estatal coas peticións dos e das lucenses - logo de conceder hai pouco máis dun ano a creación doutro Xulgado, o número 4 do Social - "o que evidencia o seu grao de compromiso para co noso municipio tanto nesta materia como no resto de competencias das q ten titularidade, nomeadamente nas infraestruturas, como a Estación Intermodal ou a rotonda da Nacional VI á altura de Alfonso X, por mencionar algunhas das máis recentes", lembrou Méndez.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o Novo Xulgado de Primeira Instancia | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-aplaude-creacion-dun-novo-xulgado-de-primeira-instancia-en-lugo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/070722_lara_mendez_-_novo_xulgado_primeira_instancia.mp3