
Ó acto acudiron Lara Méndez, alcaldesa de Lugo Blanca García, Presidenta do Progreso e José Tomé, Presidente Deputación de Lugo.
Lara Méndez comentou que “Hoxe é un día importante para todos os veciños e veciñas, levamos dando pasos para conseguir o cuarto patrimonio no perímetro interior da muralla, incluíndo a gastronomía lucense como patrimonio inmaterial e mellorar a economia de empresas e traballadores os 365 días, e hoxe damos outro poñendo á vosa disposición este autobús que contará cun libro a disposición de todo aquel que queira firmar a favor do cuarto patrimonio lucense”.
A alcaldesa recordou a boa acollida á candidatura por parte de Reyes Maroto, Ministra de Industria, Comercio e Turismo, en declarar Lugo como Cidade Gastronómica o pasado mes de febreiro.
Lara Méndez terminou “Animovos a compartir este mensaxe nos vosos núcleos familiares, de traballo, de ocio, e que ningún e ningunha lucense se quede sen firmar esta candidatura tan importante para Lugo”.