Luns, 04 de outubro de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu esta mañá aos actos organizados para conmemorar a festividade dos Anxos Custodios, no Día da Policía.
A rexedora - que estivo acompañada polo tenente de alcaldesa e portavoz do Goberno Municipal, Miguel Fernández e por varios mandos da Policía Local, entre eles o Inspector Xefe, Jesús Piñeiro - acudiu á misa que se celebrou na Capela Maior da Catedral de Lugo, en honra ao patrón deste Corpo.
Un acto que precedeu á posterior entrega de medallas ao mérito policial que tivo lugar no Auditorio Gustavo Freire e coa que, dende as administracións públicas, se pretende recoñecer a valía profesional dos axentes.