Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez acode aos actos organizados polo Día da Policía

Lara Méndez acode aos actos organizados polo Día da Policía

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público
Luns, 04 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez acode aos actos organizados polo Día da Policía

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu esta mañá aos actos organizados para conmemorar a festividade dos Anxos Custodios, no Día da Policía.

A rexedora - que estivo acompañada polo tenente de alcaldesa e portavoz do Goberno Municipal, Miguel Fernández e por varios mandos da Policía Local, entre eles o Inspector Xefe, Jesús Piñeiro - acudiu á misa que se celebrou na Capela Maior da Catedral de Lugo, en honra ao patrón deste Corpo.

Un acto que precedeu á posterior entrega de medallas ao mérito policial que tivo lugar no Auditorio Gustavo Freire e coa que, dende as administracións públicas, se pretende recoñecer a valía profesional dos axentes.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-acode-aos-actos-organizados-polo-dia-da-policia