- Tema

Fundación Mujeres é unha organización sen ánimo de lucro que traballa desde 1994 para mellorar a situación das mulleres no emprego, desenvolvendo metodoloxías propias para apoiar a súa inserción laboral.
Unha das liñas de actuación está centrada no apoio á creación de empresas por mulleres, acompañamento e asesoramento de mulleres emprendedoras e empresarias.
Difundimos o comezo dunha nova convocatoria do Curso de Creación de Empresas. Trátase dun curso semipresencial de 100 HORAS de duración, con acompañamento na elaboración do PLAN DE EMPRESA. Este curso comezará o 17 de marzo e rematará o 9 de xuño, desenvolvéndose do seguinte xeito:
- 7 sesións presenciais1 participativas e dinámicas, expóndose casos reais protagonizados por outras emprendedoras
- Traballo en liña personalizado, a través dunha plataforma de formación para entrega das actividades
- 4 talleres presenciais1 de reforzo e axuda á elaboración do plan de empresa
-Tutorías persoalizadas para asesorar a cada emprendedora na elaboración do seu plan de empresa
- As sesións presenciais e os talleres de reforzo realizaranse na Coruña, en horario de 9 a 14h, segundo o calendario que se achega
Unha vez rematado o plan, apoiamos ás emprendedoras na procura de financiamento e na posta en marcha da súa empresa. Para aquelas empresarias que iniciasen recentemente a súa actividade e non elaborasen un plan de empresa, o curso ofrécelles a posibilidade de analizar o seu negocio para unha mellor xestión e consolidación no mercado.
Do mesmo xeito que todos os recursos e ferramentas que se ofrecen desde Fundación Mujeres, este curso é totalmente gratuíto.
As prazas son limitadas, polo que as mulleres interesadas deben inscribirse canto antes, chamando ao teléfono 981 29 40 97 ou enviando un correo a:
beatriz.blanco@fundacionmujeres.es ; berta.lema@fundacionmujeres.es
www.fundacionmujeres.es/campus