Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Fundación Mujeres: apoio á creación de empresas por mulleres, acompañamento e asesoramento de mulleres emprendedoras e empresarias

Fundación Mujeres: apoio á creación de empresas por mulleres, acompañamento e asesoramento de mulleres emprendedoras e empresarias

  • Tema
    • Igualdade
Venres, 18 de febreiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Fundación Mujeres é unha organización sen ánimo de lucro que traballa desde 1994 para mellorar a situación das mulleres no emprego, desenvolvendo metodoloxías propias para apoiar a súa inserción laboral.

Unha das liñas de actuación está centrada no apoio á creación de empresas por mulleres, acompañamento e asesoramento de mulleres emprendedoras e empresarias.

Difundimos o comezo dunha nova convocatoria do Curso de Creación de Empresas. Trátase dun curso semipresencial de 100 HORAS de duración, con acompañamento na elaboración do PLAN DE EMPRESA. Este curso comezará o 17 de marzo e rematará o 9 de xuño, desenvolvéndose do seguinte xeito:

- 7 sesións presenciais1 participativas e dinámicas, expóndose casos reais protagonizados por outras emprendedoras 

- Traballo en liña personalizado, a través dunha plataforma de formación para entrega das actividades 

- 4 talleres presenciais1 de reforzo e axuda á elaboración do plan de empresa

-Tutorías persoalizadas para asesorar a cada emprendedora na elaboración do seu plan de empresa

- As sesións presenciais e os talleres de reforzo realizaranse na Coruña, en horario de 9 a 14h, segundo o calendario que se achega

Unha vez rematado o plan, apoiamos ás emprendedoras na procura de financiamento e na posta en marcha da súa empresa. Para aquelas empresarias que iniciasen recentemente a súa actividade e non elaborasen un plan de empresa, o curso ofrécelles a posibilidade de analizar o seu negocio para unha mellor xestión e consolidación no mercado.

Do mesmo xeito que todos os recursos e ferramentas que se ofrecen desde Fundación Mujeres, este curso é totalmente gratuíto.

As prazas son limitadas, polo que as mulleres interesadas deben inscribirse canto antes, chamando ao teléfono 981 29 40 97 ou enviando un correo a: 

beatriz.blanco@fundacionmujeres.es [1] ; berta.lema@fundacionmujeres.es [2]

www.fundacionmujeres.info [3]

www.fundacionmujeres.es [4]

www.fundacionmujeres.es/campus [5]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/fundacion-mujeres-apoio-creacion-de-empresas-por-mulleres-acompanamento-e-asesoramento-de

Ligazóns:
[1] mailto:beatriz.blanco@fundacionmujeres.es
[2] mailto:berta.lema@fundacionmujeres.es
[3] http://www.fundacionmujeres.info
[4] http://www.fundacionmujeres.es
[5] http://www.fundacionmujeres.es/campus