Felipe Rivas: “A Xunta debe amañar o muro canto antes”
O edil de educación pide á Xunta “que revise o estado dos muros do resto de centros de ensino para evitar que se repita este problema”

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitou o colexio Rosalía de Castro para supervisar a colocación da nova rede protectora que se está a instalar nestes días no muro do pavillón.
“Colocamos unha malla máis alta que a que se puxo de primeiras, de maneira provisional, mentres seguimos á espera de que a Xunta de Galiza realice, canto antes, a reparación definitiva do muro”, explicou Felipe Rivas.
O edil de Educación tamén pediu “que a Xunta realice inspeccións en todos os centros de ensino da cidade para comprobar o estado dos muros e evitar que se repitan problemas coma este”.
Audio
- O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre o muro | Descargar mp3