Miguel Fernández e Daniel Piñeiro recibiron no Salón de Plenos aos alumnos e desexáronlles unha boa estancia na cidade

O voceiro municipal, Miguel Fernández, e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, recibiron este luns no Salón de Plenos a un grupo de doce estudantes da cidade italiana de Catania que están de intercambio no Instituto Ánxel Fole. Os estudantes, de arredor duns 17 anos, están cursando primeiro e segundo de bacharelato e acudiron acompañados dunha ducia de alumnos lugueses e de profesores.
Miguel Fernández deulles a benvida e desexoulles unha boa estancia en Lugo, ademais recomendoulles que aproveitaran para coñecer o importante patrimonio da cidade, entre o que destacan tres Patrimonios Mundiais, como son a Muralla, a Catedral e o Camiño Primitivo.