Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Estudantes italianos de intercambio no IES Ánxel Fole visitan a Casa do Concello

Estudantes italianos de intercambio no IES Ánxel Fole visitan a Casa do Concello

Miguel Fernández e Daniel Piñeiro recibiron no Salón de Plenos aos alumnos e desexáronlles unha boa estancia na cidade

  • Tema
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Luns, 19 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Estudantes italianos de intercambio no IES Ánxel Fole visitan a Casa do Concello

O voceiro municipal, Miguel Fernández, e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, recibiron este luns no Salón de Plenos a un grupo de doce estudantes da cidade italiana de Catania que están de intercambio no Instituto Ánxel Fole. Os estudantes, de arredor duns 17 anos, están cursando primeiro e segundo de bacharelato e acudiron acompañados dunha ducia de alumnos lugueses e de profesores.

Miguel Fernández deulles a benvida e desexoulles unha boa estancia en Lugo, ademais recomendoulles que aproveitaran para coñecer o importante patrimonio da cidade, entre o que destacan tres Patrimonios Mundiais, como son a Muralla, a Catedral e o Camiño Primitivo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/estudantes-italianos-de-intercambio-no-ies-anxel-fole-visitan-casa-do-concello