Desvío de tráfico na intersección da rúa Mar Cantábrico con Santo Graal e Poeta Manuel María para a construción da rotonda que solucionará o perigoso cruce

A actuación, desenvolvido polo Plan de Barrios, é un compromiso adquirido pola alcaldesa Lara Méndez coa veciñanza para mellorar a seguridade de peóns e condutores

Mércores, 03 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aprobou o pasado día 28 de xuño o decreto relativo ao corte provisional de tráfico para comezar as obras de construción da glorieta para a reordenación da intersección da rúa Mar Cantábrico con Santo Graal e Poeta Manuel María. Esta obra foi un compromiso da alcaldesa cos veciños para mellorar a seguridade de peóns e condutores cumprindo así cunha petición cidadá, segundo lembra o voceiro socialista Miguel Fernández.

A actuación, que se desenvolve a través do Plan de barios e que suporá un investimento de 90.120 euros, foi contratada a Construcciones Taboada y Ramos a principios deste ano. A previsión é que as obras duren un prazo de catro meses.

O corte da intersección e os desvíos de tráfico durarán un prazo máximo dun mes, o tempo que dure a execución dos traballos de demolición do pavimento de calzada e reposición do mesmo.

O corte fai necesario desvíos provisionais para o tráfico rodado, que afectará tamén a dúas liñas de autobús. Así, os automóbiles que procedan de Mar Cantábrico se desviarán a Vázquez Queipo e Rúa das Fontes, e os que accedan desde a zona de Camiño Rosende se incorporarán por Angelo Colocci e Rúa das Fontes

As liñas de transporte público que se verán afectadas son as seguintes:

LIÑA 1. CAMPUS UNIVERSITARIO - A Piringalla

Mesmo itinerario desde As Pedreiras até Rúa das Fontes.

  • Rúa dás Fontes nº8 (mantense)

En lugar de virar cara a Rúa Poeta Manuel María continúa por Rúa das Fontes, Rúa do Buxo, e incorporación á Rúa Santo Graal (quedaría anulada temporalmente a parada de Rúa Poeta Manuel María nº40)

  • Rúa Santo Graal nº58 (mantense)
  • Rúa Santo Graal (Colexio Luís Pimentel) (mantense)
  • R/ Flor de Malva nº14 (mantense)
  • Rúa Santo Graal nº145 e 119 (mantense)
  • Rúa Santo Graal nº58 (mantense)

Desvío provisional por Ángelo Colocci, Rúa das Fontes, Camiño de Pipin, e incorporación á Camiño Real (quedaría anulada temporalmente a parada de Rúa Santo Graal nº1)

  • Camiño Real nº197 (mantense)

Continúa co mesmo itinerario até As Pedreiras

LIÑA 1ª. ACEA DE OLGA - A Piringalla

Mesmo itinerario desde Rúa da Zarra até Rúa Santo Graal nº58

  • Rúa Santo Graal nº58 (mantense)

Desvío provisional por Ángelo Colocci, Rúa das Fontes, Camiño de Pipin, e incorporación á Camiño Real (quedaría anulada temporalmente a parada de Rúa Santo Graal nº1)

  • Camiño Real nº197 (mantense)

Continúa o mesmo itinerario até Rúa da Zarra

Máis info

Audio

  • O edil Miguel Fernández, sobre o corte de tráfico | Descargar mp3

Noticias relacionadas