Deportes equipa aos sete policías locais de Lugo que acudirán ao campionato de España de BTT

Mércores, 20 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Deportes equipa aos sete policías locais de Lugo que acudirán ao campionato de España de BTT

A Concellería de Deportes, dentro da súa política de apoio aos deportistas lucenses, proporcionou equipamento aos sete representantes do Corpo da Policía Local de Lugo que competirán no XXV Campionato de España BTT para policías locais que se disputará entre o 20 e o 23 de setembro nas Palmas de Gran Canaria. A vestimenta proporcionada polo Concello está composta por un pantalón curto, unha camisola e un chándal destinado ao equipamento de descanso. Este campionato de España de Bicicleta de montaña é unha competición pechada á participación de membros dos persoais de policías locais de toda España que se celebra anualmente e que consta dunha proba única.

Multimedia

  • Deportes equipa aos sete policías locais de Lugo que acudirán ao campionato de España de BTT

Noticias relacionadas