Cristina López asiste en Allariz a unha xornada sobre o papel dos concellos galegos na alimentación local sostible

A edil de Participación destacou "o importante papel" da Praza de Abastos e do Mercado Municipal na distribución de productos de proximidade.

A xornada estivo organizada pola Rede de Municipios pola Agroecoloxía, e analizou o papel dos Concellos para garantir unha alimentación máis sostible e local.

Mércores, 19 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López asiste en Allariz a unha xornada sobre o papel dos concellos galegos na alimentación local sostible

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, participou en Allariz na xornada Os concellos galegos: un papel fundamental na alimentación local sostible. A concelleira Cristina López destacou o importante papel da Praza de Abastos e do Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros na distribución de productos de proximidade, e as distintas actividades que se realizan cada ano "para promocionar e dar visibilidade a estas dúas instalacións", entre as que destacou as visitas escolares ou as distintas actividades de distintos xéneros, como encontros, concertos ou xornadas.

"Continuamos a traballar para dinamizar a praza con este tipo de actividades, que permiten que toda a veciñanza de Lugo coñeza as instalacións e os distintos postos", afirmou Cristina López, que engadiu  "buscamos que a veciñanza de Lugo aposte por realizar as súas compras na Praza e no Mercado, desfrutando da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".

A xornada foi organizada pola Rede de Municipios pola Agroecoloxía en colaboración co Concello de Allariz, e estivo centrada no papel que os Concellos poden desenvolver para garantir unha alimentación máis sostible e local promovendo e apoiando os recursos e axentes do territorio. Existen no territorio galego xa algunhas iniciativas pioneiras e inspiradoras nese sentido e, ademáis de coñecelas máis en profundidade , a xornada abriu un espazo de diálogo entre os concellos asistentes para avanzar nunha mirada de sostibilidade social, ambiental e económica.

Multimedia

  • Cristina López asiste en Allariz a unha xornada sobre o papel dos concellos galegos na alimentación local sostible

Noticias relacionadas