Corre con Nós-Corre con Elas concentra a preto de 700 corredores nunha xornada deportiva en prol da igualdade

A Alcaldesa e os concelleiros de Deportes e Benestar Social foron os encargados de dar as saídas e de entregar os premios das categorías inferiores da proba

Domingo, 09 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Corre con Nós-Corre con Elas concentra a preto de 700 corredores nunha xornada deportiva en prol da igualdade

Preto de 700 corredores participaron este domingo na carreira Corre con Nós-Corre con Elas, a cuarta proba do XVII Circuíto Larsa Corre con Nós, organizada polo Concello co fin de promover a igualdade no eido deportivo, dentro dos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller. A Alcaldesa, Lara Méndez, asistiu á xornada deportiva, xunto co Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, que foron os encargados de dar as distintas saídas e de entregar os premios das categorías inferiores da carreira, que discorreu polo entorno da estrada de Ombreiro.

Multimedia

  • Corre con Nós-Corre con Elas concentra a preto de 700 corredores nunha xornada deportiva en prol da igualdade

Noticias relacionadas