
Concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal de Lugo gardaron esta mañá un minuto de silencio en memoria de Maritzia e en repulsa polo asasinato machista desta coruñesa de 49 anos, que perdeu a vida o pasado domingo, a mans do seu marido, de 61. O Concello de Lugo sumouse así á repulsa e condena por este novo crime machista, que eleva a 14 o número de mulleres mortas por violencia de xénero no que vai de ano.
Maritzia, de nacionalidade peruana, deixa cinco fillos orfos dun matrimonio anterior, das cales dúas nenas son menores de idade e viven actualmente en Perú. Coas dúas fillas de Maritzia, o número de nenas e nenos orfos por violencia de xénero ascende a 11 no que vai de ano e a 480 desde 2013, ano que comezaron a contabilizarse estes datos.
Maritzia estaba inscrita no sistema Viogén desde 2024 por unha denuncia previa de maltrato, delicto polo que o seu asasino confeso foi condenado o pasado mes de xaneiro. Vítima e agresor convivían xuntos e contraeron matrimonio o pasado mes de maio.

