Alexandre Penas: “realizamos esta actuación devido ao mal estado de conservación da vía”
Debido á estreitez da rúa non se pode manter aberta á cirulación mentres se realicen os traballos

O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas informou de que a partir de mañá se pechará a circulación da Rúa Rei Chiquito debido ao inicio dos traballos de asfaltado no tramo comprendido entre a rúa Atalaia e a intersección coa vía de servizo da N-VI. “Realizamos esta intervención debido ao mal estado de conservación desta vía”.
“Debido á estreitez da rúa vémonos obrigados a pechar a circulación do tráfico, polo que pedimos á veciñanza que utilice vías alternativas”, informou Alexandre Penas, que informou que se realizará unha limpeza do vial para renovar o asfalto con mestura en quente, ademais do pintado da sinalización horizontal e a renovación da vertical.
A actuación será realizada pola empresa Construcciones Leonardo Miguélez S.L., e ten un importe de 23.077,12€. Desde a concellería de Infraestruturas Urbanas pídese á veciñanza da contorna que circule con precaución para garantir a seguridade das traballadoras e traballadores.
Audio
- O edil Alexandre Penas, sobre o asfaltado da rúa Rei Chiquito | Descargar mp3