Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Infraestruturas Urbanas acondiciona o tramo da rúa Rei Chiquito entre a Rúa Atalaia e o enlace coa N-VI

A concellería de Infraestruturas Urbanas acondiciona o tramo da rúa Rei Chiquito entre a Rúa Atalaia e o enlace coa N-VI

Alexandre Penas: “realizamos esta actuación devido ao mal estado de conservación da vía”

Debido á estreitez da rúa non se pode manter aberta á cirulación mentres se realicen os traballos

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Luns, 01 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Infraestruturas Urbanas acondiciona o tramo da rúa Rei Chiquito entre a Rúa Atalaia e o enlace coa N-VI

O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas informou de que a partir de mañá se pechará a circulación da Rúa Rei Chiquito debido ao inicio dos traballos de asfaltado no tramo comprendido entre a rúa Atalaia e a intersección coa vía de servizo da N-VI. “Realizamos esta intervención debido ao mal estado de conservación desta vía”.

“Debido á estreitez da rúa vémonos obrigados a pechar a circulación do tráfico, polo que pedimos á veciñanza que utilice vías alternativas”, informou Alexandre Penas, que informou que se realizará unha limpeza do vial para renovar o asfalto con mestura en quente, ademais do pintado da sinalización horizontal e a renovación da vertical.

A actuación será realizada pola empresa Construcciones Leonardo Miguélez S.L., e ten un importe de 23.077,12€. Desde a concellería de  Infraestruturas Urbanas pídese á veciñanza da contorna que circule con precaución para garantir a seguridade das traballadoras e traballadores.

Audio

  • O edil Alexandre Penas, sobre o asfaltado da rúa Rei Chiquito | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-infraestruturas-urbanas-acondiciona-o-tramo-da-rua-rei-chiquito-entre-rua

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200601_alexandre_penas_asfaltado_rei_chiquito.mp3