A concellería de infraestruturas informa do inicio das obras na rúa Río Sar

Durante a vindeira semana está previsto o corte do tráfico

A concellería de infraestruturas pide á veciñanza que circule con precaución

 
Mércores, 11 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de infraestruturas informa do inicio das obras na rúa Río Sar

A concellería de Infraestruturas Urbanas informa de que, durante a vindeira semana, comezarán a realizarse os traballos de adecentamento da rúa Río Sar, onde se realizará un asfaltado da rúa con mestura en quente. Dende Infraestruturas Urbanas pídese á veciñanza da zona que circule con precaución durante o desenvolvemento dos traballos.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, xunto coa concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitaron o barrio da Cheda para informar á veciñanza dos traballos que se teñen previsto realizar.

Audio

Multimedia

  • A concellería de infraestruturas informa do inicio das obras na rúa Río Sar

Noticias relacionadas