Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de infraestruturas informa do inicio das obras na rúa Río Sar

A concellería de infraestruturas informa do inicio das obras na rúa Río Sar

Durante a vindeira semana está previsto o corte do tráfico

A concellería de infraestruturas pide á veciñanza que circule con precaución

 
  • Tema
    • Infraestruturas
Mércores, 11 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de infraestruturas informa do inicio das obras na rúa Río Sar

A concellería de Infraestruturas Urbanas informa de que, durante a vindeira semana, comezarán a realizarse os traballos de adecentamento da rúa Río Sar, onde se realizará un asfaltado da rúa con mestura en quente. Dende Infraestruturas Urbanas pídese á veciñanza da zona que circule con precaución durante o desenvolvemento dos traballos.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, xunto coa concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitaron o barrio da Cheda para informar á veciñanza dos traballos que se teñen previsto realizar.

Audio

  • Alexandre Penas, sobre a rúa Río Sar | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-infraestruturas-informa-do-inicio-das-obras-na-rua-rio-sar

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200311_alexandre_penas_rua_rio_sar.mp3