- Tema
Martes, 16 de maio de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, recibiu este martes aos alumnos e alumnas que participan no intercambio entre o colexio Padres Franciscanos de Lugo e o centro Notre Dame de Lourdes, en París. A edil puxo en valor ante os case 30 participantes na recepción a importancia deste tipo de programas de intercambio, que permiten adquirir novas experiencias tales como coñecer outras culturas, practicar o idioma, e interactuar con rapaces e rapazas doutro país. Ana González Abelleira animou aos estudantes estranxeiros a gozar da cidade, do seu patrimonio histórico artístico e medioambiental, así como da gastronomía.