Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concelleira de Benestar recibe aos alumnos e alumnas de intercambio entre un colexio francés e o Padres Franciscanos

A Concelleira de Benestar recibe aos alumnos e alumnas de intercambio entre un colexio francés e o Padres Franciscanos

  • Tema
    • Educación
Martes, 16 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concelleira de Benestar recibe aos alumnos e alumnas de intercambio entre un colexio francés e o Padres Franciscanos

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, recibiu este martes aos alumnos e alumnas que participan no intercambio entre o  colexio Padres Franciscanos de Lugo e o centro Notre Dame de Lourdes, en París. A edil puxo en valor ante os case 30 participantes na recepción a importancia deste tipo de programas de intercambio, que permiten adquirir novas experiencias tales como coñecer outras culturas, practicar o idioma, e interactuar con rapaces e rapazas doutro país. Ana González Abelleira animou aos estudantes estranxeiros a gozar da cidade, do seu patrimonio histórico artístico e medioambiental, así como da gastronomía.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleira-de-benestar-recibe-aos-alumnos-e-alumnas-de-intercambio-entre-un-colexio-frances-e