Xoves, 03 de xuño de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

Condutor de turismo circulando polo interior do Parque da Milagrosa sen permiso de conducir
Instrúense dilixencias por parte da unidade de Atestados para a celebración de xuízo rápido, por comparecencia dunha dotación de Unidade Territorial de Policía de Barrio, sobre o condutor que foi sorprendido conducindo un vehículo polo interior do Parque da Milagrosa, zona paralela á rúa Montefaro, na tarde de onte día 02/06/21, sen ter autorización administrativa para conducir, tipificado no C.P. art. 384, cunha pena de prisión de 3 a 6 meses, ou multa de 12 a 24 meses, ou con traballos á comunidade de 31 a 90 días. Devandito condutor lanzou resultado negativo en probas de alcol e drogas.