Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 30 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por delito de lesións

Sobre as 17:30 horas do día 29 de decembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio da rúa Otero Pedrayo, xa que un veciño denuncia que sente golpes bruscos na súa porta. Os axentes comparecen de inmediato, observando no recibidor do piso dous homes peléxanse, sangrando abundantemente un deles polo rostro, manifestando o presunto agresor que o outro home queríalle vender unha pistola, que lanzara ao chan, pedíndolle unha cantidade de diñeiro e como non estaba de acordo iniciouse unha discusión e nun momento dado colleu a arma e golpeouno con ela na cara.

O outro home manifestou aos axentes que a arma era desa persoa e que sen motivo aparente golpeouno varias veces con ela na cara e na boca, fracturándolle varias pezas dentais. Que por tal motivo e debido ás lesións que presenta un dos homes, procédese á detención do agresor, de 56 anos e sen domicilio coñecido, sendo conducido a un centro médico e posteriormente a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias por un delito de lesións, sendo trasladada a persoa agredida ao HULA para a súa atención médica onde se lle detecta tamén fractura do arco cigomático esquerdo. Así mesmo os axentes localizan a arma, unha pistola simulada de aire comprimido, que é intervida. (Adxúntase imaxe)

Noticias relacionadas