Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Luns, 27 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Auxilio a cidadáns

Na noite do día 25 de novembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo desprázase a un edificio da rúa San Roque xa que ao parecer unha persoa quedouse encerrada na galería dunha vivenda e que a familia non pode acceder ao interior da vivenda xa que non ten chave do peche de seguridade interior da porta principal.

Os axentes, coa axuda dun veciño, conseguen abrir a porta principal da vivenda, abrindo a porta da galería, onde se achaba esta persoa en estado de nerviosismo e chorando,  sendo auxiliada e tranquilizada, rexeitando asistencia sanitaria.

Sobre as 5,15 horas do día 25 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo comparece nunha vivenda da rúa dos Torques xa que unha persoa de avanzada idade caeuse da cama e non podía levantarse, observando os axentes a un home de 96 anos tirado no chan da habitación, sendo auxiliado polos policías que o incorporan, deitándoo de novo na cama, rexeitando asistencia médica e quedando a cargo dunha familiar.

Na mañá do día 24 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo atopa na Avenida da Coruña un home de avanzada idade desorientado, polo que se procede ao seu auxilio, manifestando que saíu a dar un paseo e cando se deu conta non sabía como volver par a súa casa, sendo acompañado polos axentes ata o seu domicilio.

Discusión de parella

A madrugada do día 26 de novembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á rúa Montero Ríos, xa que ao parecer estase producindo unha discusión de parella na vía pública.

Os axentes comproban que no interior dun vehículo estacionado hai unha parella discutindo, presentando o home unha actitude agresiva xa que está a golpear o cadro de mandos do turismo, procedendo os axentes para identificar ás partes, separalas e entrevistarse separadamente con cada unha delas, manifestando a muller que estaba a discutir co seu parella pero que non chegara a agredila en ningún momento e manifestando o home que estaba a discutir coa súa parella por motivos de celos, confeccionando os axentes o correspondente parte de intervención policial.

Ruídos en interior de vivenda

A madrugada do día 26 de novembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á rúa Centola xa que o veciños queixábanse dos ruídos que proviñan dunha vivenda, comprobando os axentes que se escoitan ruídos de música en ton elevado procedente dun piso, procedendo á identificación da responsable á que se require que cesen as molestias, o que accede inmediatamente apagando o equipo de música, levantando os axentes o correspondente parte de intervención.

Accidente de circulación con ferido

Ao mediodía do día 25 de novembro, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase ao polígono industrial de As Gándaras xa que se produciu un accidente de circulación no que o condutor dun vehículo non se decata da presenza dun ciclista menor de idade (oito anos), que cruza por un paso de peóns, alcanzándoo e resultando ferido o menor, que se acha estable, sendo sometido o condutor do turismo ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado negativo, instruíndose as oportunas dilixencias de prevención.

Delito contra a seguridade viaria

Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta no mediodía do 25 de novembro a circulación irregular dun vehículo pola Rolda daMuralla, comprobando que o condutor presenta signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,98 mg/l (catro veces a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Precinto de vehículos por embargo

Durante a fin de semana, un grupo especializado do Corpo da Policía Local de Lugo estableceu un dispositivo especial para a detección de vehículos sobre os que pesa mandamentos de procura, captura e depósito por embargo, emitidos por distintos organismos do Estado, localizando tres vehículos, un turismo e dúas motocicletas que foron interceptadas e trasladadas polo servizo de guindastre municipal ao Depósito de Vehículos, onde quedan precintados ao dispor destes organismos.

Noticias relacionadas