Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 24 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación

 Sobre as 2,00 horas do día 24 de novembro/21 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase ao Paseo do Intre xa que se produciu un accidente de circulación.

Á súa chegada observan como un vehículo sufrira unha saída de vía, impactando contra o valo de protección do paseo, realizando un envorco total de  tonel e quedando apoiado no leito do río sobre o seu teito, coas catro rodas cara arriba.

A condutora, que non sufriu feridas, manifesta que circulaba en sentido estrada de  Fonsagrada, quedou durmida e ao espertar xa se atopaba no río. Foi sometida ás probas de detección alcohólica e presenza de drogas lanzando un resultado NEGATIVO.

O vehículo foi recuperado por un guindastre especial con pluma e do río foi recuperado polos axentes o bolso da condutora coa súa documentación e teléfono móbil e unha peza de abrigo, para a súa posterior entrega á súa propietaria.

Auxilio a cidadáns

Sobre as 5,40 horas unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un inmoble da rúa Curros Enríquez xa que unha persoa de avanzada idade caeuse no interior do seu domicilio e era incapaz de levantarse.

Os axentes comproban que se trata dunha señora de 77 anos que se caeu da cama, que convive cunha irmá tamén de avanzada idade e non era capaz de axudala, polo que os axentes auxilian a esta persoa, incorporándoa e deitándoa de novo na súa cama, rexeitando asistencia médica.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas