Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 23 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidentes de circulación

No día de onte, 22 de decembro, rexistráronse os seguintes accidentes de circulación, nos cales interveu un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo para a instrución das oportunas dilixencias:

  • Ás 10:20 horas un equipo de Atestados desprázase á estrada de Orbazai xa que se producira unha saída de vía, comprobando que un vehículo chocara contra a varanda metálica da ponte sobre o Rego do Segade, arrincando 13 metros da mesma, instruíndo dilixencias. (Adxúntase imaxe)
  • 14:30 horas. Accidente de circulación na rúa San Cibrao fronte ao HULA. Un vehículo estacionado (sen freo de man) desprázase pola calzada impactando con outro vehículo estacionado na marxe oposta, rexistrándose danos materiais. Procédese á retirada deste vehículo co servizo de guindastre municipal. (Adxúntase imaxe)

Alcoholemia e condución temeraria

Sobre as 1:10 horas do día 23 de decembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a condución temeraria dun condutor pola Avenida de Madrid, que estaba a ser buscado xa que durante a noite recibíranse chamadas da cidadanía á Sala do 092 denunciando a condución perigosa deste vehículo pola Rolda da Muralla, observando que presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,60 mg/l, abríndose dous expedientes sancionadores. O primeiro pola alcoholemia con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución e o segundo pola condución temeraria con multa de 500 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución (total 1.500 euros e a retirada de 12 puntos do carné).

O vehículo foi inmobilizado. Así mesmo compróbase que este condutor é reincidente xa que o pasado mes de xullo foi parado nun control por efectivos do Grupo Operativo Nocturno, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO superior a 0,50 mg/l.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas