Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 22 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Auxilio a cidadán

Durante a tarde do xoves 21, dous axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio que prestaban servizo preventivo pola Praza de Santo Domingo observan como unha persoa de avanzada idade sufría unha caída na rúa da Raíña, polo que se dirixen ao lugar con rapidez e prestan auxilio ao home, de 90 anos de idade, que presentaba un golpe na cara, polo que requiriu a presenza dunha ambulancia do 061, que compareceu aos poucos minutos e procedeu ao traslado do lesionado ao HULA.

Control “gorrillas”

 Durante a mañá do xoves 21, un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio que formaba parte do dispositivo de vixilancia establecido nas inmediacións do HULA, establecido para controlar a actividade dos denominados “gorrillas”, observou a presenza de dúas persoas que, introducíndose na calzada, facían sinais aos condutores que se aproximaban para indicarlles as prazas de estacionamento que se atopaban libres, causando o consecuente risco para a súa propia integridade física e para a do resto de usuarios da vía, motivo polo cal foron denunciados e advertidos de que habían de cesar na devandita actividade, o que fixeron de inmediato, ausentándose do lugar.

Noticias relacionadas