Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 22 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Axuda humanitaria

No día de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo tiveron que realizar CATRO intervencións de auxilio a cidadáns.

A primeira levou a cabo no barrio do Sacro Corazón onde unha persoa de avanzada idade activara o sistema de emerxencia do servizo de teleasistencia, comprobando os axentes que dita persoa deixara o ferrollo da porta pasado e non conseguía abrila, polo que se require a presenza dunha dotación de Bombeiros para acceder ao interior do piso, observando os axentes á persoa, unha muller de avanzada idade, estaba tombada no chan do dormitorio, encaixada entre a parede e a cama, atopándose consciente pero dolorida, polo que é atendida por unha dotación do 061, sendo trasladada ao HULA, comunicando este feito a uns familiares.

A segunda intervención tivo lugar nun edificio da Avenida de Madrid onde os axentes auxiliaron a unha persoa que se caeu no seu domicilio e a persoa que convive era incapaz de levantalo, sendo a patrulla a que incorpora a esta persoa, rexeitando asistencia médica ao non sufrir lesión algunha.

A terceira desenvólvese nunha vivenda da rúa Lamas de Prado, onde os axentes auxilian a unha persoa que padece un cadro de nerviosismo elevado, sendo trasladada ao HULA para a súa atención médica, sendo acompañada pola súa familia.

A cuarta realízase na rúa Armórica, debido á chamada dun cidadán alertando que uns familiares que viven sós non respondían as chamadas efectuadas ao timbre da porta do seu domicilio, temendo que lles pasase algo grave, procedendo os axentes para requirir a presenza dunha dotación de Bombeiros, accedendo ao interior da vivenda, comprobando os policías como as dúas persoas de avanzada idade durmían plácidamente, achándose en bo estado e non necesitando asistencia médica.

Proposta de revisión de condicións psicofísicas dun condutor

Na tarde do día de onte, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á avenida Reverendo Xosé Fernández Núñez, xa que ao parecer un vehículo causara danos nun ben privado dunha comunidade.

Os axentes comproban que un vehículo atópase na zona de acceso ao portal dunha comunidade de veciños, manifestando o seu condutor que accedera por erro, danando varias baldosas, ao descender co turismo por un chanzo situado na zona de acceso polo desnivel existente entre a beirarrúa e a zona privada, sendo requirido para a realización das probas de alcoholemia, lanzando resultado NEGATIVO.

Para acceder á devandita zona o vehículo circulou sobre un paso de peóns, a continuación pola beirarrúa e descendeu por un chanzo, manifestando as testemuñas do feito que mesmo o condutor tratou de saír da zona polo mesmo chanzo, pero non lle foi posible polo desnivel que hai entre a beirarrúa e a zona privada, insistindo mediante aceleróns bruscos. Por todas estas circunstancias, os axentes levantan acta polos danos ocasionados, remitindo proposta de revisión das condicións psicofísicas que son necesarias para a condución, do condutor do vehículo.

Noticias relacionadas