Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 22 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Delitos contra a seguridade viaria

Durante a madrugada do día 21 de febreiro, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diversos filtros de seguridade viaria, co seguinte resultado:

Nun control estático establecido na rúa San Roque con Mártires de Carral obsérvase un vehículo cuxo condutor ao detectar o control estaciona e se baixa de mesmo, aproximándose ao lugar dous axentes, e ao ser requirido para que se identifique manifesta que está indocumentado, dando verbalmente uns datos de identidade, polo que é trasladado a dependencias policiais para a súa completa identificación resultando ser outra identidade e que a que dera era falsa.

O condutor de 32 anos é sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,63 mg/l. Así mesmo é requirido para a realización de probas de detección de drogas, ao que se NEGA e compróbase ademais a través das bases de datos policiais que CARECE de permiso de condución por non obtelo NUNCA. Por todo iso instrúense dilixencias por TRES DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA, ao conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas e lanzar unha taxa superior a 0,60 mg/l, negarse a someterse ás probas de detección de drogas e conducir carecendo de permiso de condución por non obtelo nunca.      

Así mesmo instrúense dilixencias por dar datos falsos ao ser requirido para a súa identificación e levántase acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por desobediencia a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións.

A mesma noite detectáronse na rúa Alba e na Ronda de Fingoi outros dous condutores que presentaban signos de embriaguez, sendo sometidos ás probas de detección alcohólica e lanzando o primeiro un resultado POSITIVO de 0,47 mg/ l e o segundo 0,35 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e inmobilizando os vehículos.

Así mesmo detectouse na rúa Dinán un condutor novel que presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,28 mg/l (a súa taxa máxima é de 0,15 mg/l), abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e inmobilizando o vehículo.

No transcurso destes controis detectáronse: 5 vehículos cuxos titulares non pasaran a ITV no prazo debido e 1 vehículo que  circulaba carecendo de SOA.

Detención de persoa sobre a que pesaba orde de detención

Na tarde do día 21 de febreiro un home preséntase nas dependencias da Xefatura da Policía Local de Lugo solicitando unha autorización para pernoitar no Fogar do Transeúnte, comprobando o axente de seguridade que dita persoa tiña pendente unha orde de detención e comparecencia, polo que se da coñecemento deste feito á Policía Nacional que se fai cargo del.

Condutas incívicas

Na mañá do día 20 de febreiro/23, estableceuse un dispositivo especial na contorna do HULA co fin de combater a actividade ilegal de aparcacoches, coñecidos popularmente como gorrillas, no que participaron efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, empregando vehículos policiais rotulados e camuflados, sorprendendo a CATRO persoas realizando a actividade de indicar aparcamentos libres a condutores, co consecuente risco para a súa propia integridade física, xa que ocupan a calzada ou espazos públicos e causan molestias aos usuarios, sendo denunciados por infracción á Ordenanza de Circulación, sendo requiridos para que cesen na devandita actividade, abandonando inicialmente o lugar.

Ao cabo dun tempo as patrullas preséntanse de novo na zona, observando que as persoas denunciadas achábanse de novo realizando dita actividade polo que se levantaron actas de denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá por desobediencia aos axentes da Autoridade no exercicio das súas funcións, propoñéndose sancións de ata 30.000 euros.

Auxilio a cidadáns

Na tarde do día 20 de febreiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Ourense xa que ao parecer había unha persoa tirada na beirarrúa, observando os axentes que se trata dun home de mediana idade que se caeu e presentaba unha brecha na cabeza, con signos de acharse embriagado, sendo auxiliado e requirindo a presenza dunha ambulancia na que foi trasladado ao HULA.

Dita persoa achábase moi alterada polo que foi necesario que un policía o acompañáse en todo momento dentro da ambulancia.

Na mañá do día 21 unha patrulla de servizo no Mercadillo de Frigsa é requirida por un cidadán que informaba que unha persoa que se achaba na rúa Río Narla achábase indisposta, acudindo de inmediato e observando que un home de mediana idade está suxeito por outra persoas para que non se caera, carecía de mobilidade nunha man e na perna e falaba con dificultade polo que é inmediatamente auxiliado, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061, sendo trasladado ao HULA para a súa atención médica.

Noticias relacionadas