Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 15 ao 17 de marzo/24.

Luns, 18 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e drogas

Con motivo da celebración das festas patronais en dous barrios da cidade, intensificáronse os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, participando efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos da Unidade de Atestados do Corpo, empregando vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:

DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (5)

  • En rúa Avenida de Madrid practícanse probas de alcoholemia ao condutor dun vehículo, que lanza resultado POSITIVO de 0,85 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • En rúa Vilaverde detéctase a circulación irregular dun vehículo, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,66 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • En Serra de Meira dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, lanzando un resultado POSITIVO de 0,71 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  •  Na rúa Xosé Castiñeira dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 1,18 mg/l, comprobando tamén que CARECE de permiso de condución por resolución Xudicial, polo que se instrúen dilixencias por DOUS delitos contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • En avenida de Magoi ábrense dilixencias ao condutor dun vehículo por delito contra a seguridade viaria ao realizar condución temeraria e lanzar un resultado POSITIVO de 0,76 mg/l nas probas de alcoholemia ás que foi sometido, lanzando tamén un resultado POSITIVO en COCAÍNA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS (11)

  • En Fonte do Rei realízase control sorprendendo a DOUS CONDUTORES que lanzan un resultado POSITIVO de 0,41 e de 0,35 mg/l., respectivamente, inmobilizando os vehículos.
  • En praza do Rei, nun control estático son detectados DOUS CONDUTORES que lanzaron resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia, de 0,34 e 0,41 mg/l.
  • Na Rolda da Muralla sorpréndese a un condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,31 mg/l.
  •  Na rúa Venancio Senra é sometido o condutor dun vehículo ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,36 mg/l.

A estes 6 condutores abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

  •  Na vía de servizo paralela á Rolda Norte un condutor é detectado circulando sen iluminación, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,36 mg/l. Este condutor foi sancionado con 1.000 euros e a retirada de 4 puntos, en lugar de 500 euros ao figurar no seu historial de sancións unha alcoholemia firme no ano anterior, así mesmo compróbase que conduce co permiso caducado, polo que é sancionado con multa de 200 euros, inmobilizando o vehículo.
  • En Rolda do Carmen dáse o alto a un vehículo cuxo condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,54 mg/l.
  •  Na calzada de As Gándaras nun control estático, un condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,61 mg/l.
  •  En Ramón Ferreiro é sometido un condutor ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,52 mg/l.
  • Na Avenida da Coruña dáse o alto a un vehículo cuxo condutor é sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,62 mg/l.

Estes tres últimos condutores foron sancionados con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos, inmobilizando os vehículos.

DROGAS (2)

  • Na rúa Serra de Meira dáse o alto a un condutor que presenta signos de consumir substancias estupefacientes, sendo sometido a un test de drogas, lanzando un resultado POSITIVO en THC.
  •  En Fonte do Rei é sometido un condutor a un test de drogas, lanzando un resultado POSITIVO en COCAÍNA.

Estes dous condutores foron sancionados con 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

Precinto por embargo

Con motivo dos numerosos filtros de seguridade viaria que se levaron a cabo, detectouse un vehículo sobre o que pesaba mandamento de captura por EMBARGO, sendo trasladado polo Servizo de Guindastre ao Depósito Municipal onde queda PRECINTADO ao dispor do organismo competente.

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Sobre as 20,00 horas do día 15 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Praza do Conde Fontao xa que se produciu un accidente de circulación, no que un turismo desvíase da súa traxectoria, chocando contra outro estacionado, que sae desprazado cara adiante, chocando á súa vez contra outro turismo estacionado, observando que o condutor do vehículo presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,71 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

Axuda humanitaria

Durante a fin de semana multiplicáronse os servizos de auxilio a cidadáns, intervindo patrullas do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, sendo as de máis relevancia:

  • En Venancio Senra unha patrulla observa a unha moza deambulando totalmente desorientada, manifestando aos axentes que non sabe onde está nin como chegou a ese lugar, xa que consumira bebidas alcohólicas e drogas, sendo auxiliada e requirindo a presenza dunha ambulancia do 061 que a trasladou ao HULA para a súa atención médica.
  • Na calzada de As Gándaras auxíliase a unha moza que se atopa tirada no chan, inconsciente, polo que é atendida polos axentes, ata a chegada dunha ambulancia do 061 que a trasladou ao HULA.
  • En Rúa Monte Adairo auxíliase a unha moza que presenta unha forte intoxicación etílica, requirindo a presenza dunha ambulancia, sendo trasladado ao HULA.
  • Na rúa Clérigos unha patrulla acode a unha vivenda para auxiliar a unha persoa de avanzada idade que se caeu, procedendo os axentes para incorporala e deitándoa na cama, sen necesidade de asistencia médica.
  • En Av. Da Coruña unha patrulla trasládase a un edificio xa que unha persoa de avanzada idade caeuse da súa cama e non podía levantarse, sendo auxiliado polos axentes que o incorporan, deitándoo de novo na súa cama, rexeitando asistencia médica e quedando a cargo dun familiar.
  • Na Rolda da Muralla auxíliase a un mozo que se achaba en estado de embriaguez, requirindo os axentes a presenza dunha ambulancia do 061 que o trasladou ao HULA para a súa atención médica.
  • En Camiño Real unha patrulla acode a unha vivenda xa que unha persoa de avanzada idade caeuse e non era capaz de levantarse, sendo auxiliada polos axentes que a incorporan e déitana en cama, rexeitando asistencia médica.

Noticias relacionadas