
Controis de alcoholemia
Durante as noites do mércores 15 e xoves 16 de marzo, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo levaron a cabo un dispositivo especial denominado “gaiola”, consistente no establecemento de filtrose controis de seguridade viaria en vías do centro urbano onde se detecta un incremento do número de accidentes, para o control do cumprimento da normativa de tráfico e a realización de probas de detección alcohólica e drogas, lanzando o seguinte balance:
- Rúa Tino Grandío. Detección dun vehículo cuxo condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,55 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
- Avenida Ramón Ferreiro. Vehículo en condución irregular, observando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas regulamentarias, lanzando un resultado POSITIVO de 0, 47 mg/l.
- Na mesma avenida dáse o alto a un vehículo cuxo condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,46 mg/l.
- Rúa Mallorca. Condutor sometido ás probas de detección alcohólica, con resultado POSITIVO de 0,41 mg/l.
- Rúa Escultor Asorei. Vehículo que circula de forma irregular, observándose que o seu condutor presenta signos de inxesta de alcol, lanzando un resultado POSITIVO de 0,40 mg/l.
- San Roque. Vehículo detido en control estático, sendo o seu condutor sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,38 mg/l.
- Na mesma rúa é detido outro vehículo cuxo condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,36 mg/l.
- Praza Augas Férreas. Condutor sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,34 mg/l.
- Avenida Fontiñas. Control estático. Condutor sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,36 mg/l.
A todos estes condutores abríuselles un expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.
Delitos contra a seguridade viaria
Na rúa Pousa Antelo detéctase a circulación irregular dun vehículo que ao ser detido obsérvase que o condutor, de 30 anos de idade, presenta signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 1,00 mg/l.
Así mesmo compróbase que CARECE DE PERMISO DE CONDUCIÓN xa que ten unha condena penal de privación do permiso de conducir, CARECENDO o vehículo de Seguro Obrigatorio e de ITV. Por tal motivo instrúense dous delitos contra a seguridade viaria, por alta taxa de alcol e conducir carecendo de permiso, para a súa remisión á Autoridade Xudicial na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
Este condutor é multirreincidentexa que foi detectado por efectivos da Policía Local de Lugo con altas taxas de alcol e sen permiso de condución nas seguintes datas:
- Xullo de 2022.
- Setembro de 2022.
- Dúas veces en febreiro de 2023.
- E o pasado 1 de marzo de 2023.
Na Avenida dasFontiñas detéctase a circulación irregular dun vehículo que ao ser detido obsérvase que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,72 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
No transcurso deste dispositivo formuláronse as seguintes denuncias por infraccións GRAVES:
- 15 vehículos detectados e denunciados por non presentar os seus titulares á ITV no prazo debido.
- 4 vehículos parados que circulaban carecendo de seguro obrigatorio.
- 4 condutores denunciados por non facer uso do cinto de seguridade.
- 1 acta de denuncia por quebrantamento de inmobilización que supón a sanción de 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.