Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 16 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Subtracción de vehículo de motor, diversas pezas de vestir e falsificación de placa de matrícula

Sobre as 20:00 horas do 15 de decembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a un bar da rúa Río Navia, xa que ao parecer había un problema cun cliente.

Os axentes comproban que dúas persoas están a discutir, observando que un deles portaba efectos dun establecemento comercial (pantalón, suadoiro, calzado deportivo, luvas (todo iso con etiqueta e alarma), ferramentas e un walkie talkie), subtraídos momentos antes, observando tamén como está descalzo, deixando o calzado na caixa de zapatillas deportivas intervidas e subtraídas xa que, segundo manifestou, lle quedaban pequenas.

Tamén se observa que porta un casco de moto, manifestando unha testemuña que observara como esta persoa chegara manexando unha moto que tiña estacionada diante do local, pescudando os policías que non era da súa propiedade, figurando como subtraída e que ademais modificara con cinta illante os números da placa de matrícula, convertendo o tres nun oito.

Por todo o relatado procédese á intervención dos efectos citados e a motocicleta, instruíndose dilixencias para o Xulgado de Garda.

Actividade ilegal de aparcacoches

Na mañá do día 15 de decembro estableceuse un novo dispositivo policial para combater a actividade a actividade ilegal de aparcacoches, no que participaron efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, detectando a presenza de tres homes que ocupaban a calzada indicando lugares de estacionamento aos condutores, co consecuente risco para a súa integridade física e ocasionando molestias aos usuarios da vía.

Estas persoas foron denunciadas por infracción da Ordenanza de Circulación, ordenándolles expresamente que cesasen nesta conduta, o que fixeron ao instante.

Momentos despois a patrulla policial comproba que as mesmas persoas denunciadas e requiridas formalmente, seguían realizando a devandita actividade, motivo polo cal se levantou acta de denuncia por infracción GRAVE á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, por desobedecer as ordes dos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, propoñéndose sanción de ata 30.000 euros.

Un dos denunciados, ao tratar de ser identificado, negouse a facilitar os seus datos de filiación así como a entregar calquera tipo de documento que acreditase a súa identidade, proferindo ameazas cara aos axentes, motivo polo cal se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Axuda humanitaria

Sobre as 20:40 horas unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da rúa Montero Ríos, xa que unha persoa de avanzada idade caera no interior do seu domicilio e unha familiar non era capaz de levantala. Os policías observan que unha muller de 99 anos estaba tirada no corredor, sendo auxiliada polos axentes, que a incorporan, rexeitando asistencia médica xa que manifesta que se atopa ben.

Noticias relacionadas