Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 16 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Durante varios días da semana pasada unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta que dous turismos diferentes atópanse estacionados en zona reservada para discapacitados, tendo á vista unha mesma tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalía, expedida nun Concello da provincia de Lugo.

Os axentes póñense en contacto con este Concello o cal informa que a tarxeta está a nome dunha persoa que falecera, quedando anulada, sendo utilizada polo condutor destes vehículos dunha maneira fraudulenta, xa que este tipo de tarxetas concédense a persoas con mobilidade reducida, con carácter persoal e intransferible, para favorecer o uso e goce dos transportes privados e para que o titular da mesma poida dispoñer de facilidades de estacionamento e non por outras persoas.

Na mañá do día 13 de novembro os axentes detectan un vehículo estacionado nunha praza reservada e sinalizada para o uso exclusivo de discapacitados, tendo visible esta tarxeta, motivo polo cal se procede á súa denuncia, con sanción de 200 euros e a retirada do turismo polo servizo de guindastre ao Depósito Municipal.

Aos poucos minutos comparece o que se identifica como condutor do vehículo, informándolle da retirada polo uso indebido da tarxeta, manifestando en primeiro lugar que é do seu sogro e que se atopa nun centro de saúde próximo e posteriormente ao informarlle das investigacións practicadas, non tivo máis remedio que admitir o uso indebido, sendo intervida a tarxeta para a súa remisión ao órgano competente da Xunta de Galicia en unión da correspondente denuncia polo uso fraudulento deste documento.

Ademais os axentes tiveron acceso á necrolóxica do falecemento do titular da tarxeta, na que figura o nome do condutor como familiar directo, que utilizaba de forma fraudulenta este documento para aproveitarse destes estacionamentos, co agravante de impedir que outras persoas con discapacidade puidesen empregalos.

Noticias relacionadas