Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 15 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Auxilio a cidadáns

Sobre as 13,50 horas do día 13 de outubro/21 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio de cálea Concepción Arenal xa que unha persoa atópase moi agresiva e alterada, ameazando con tirarse polo balcón á vía pública.

De inmediato a dotación policial comparece no lugar comprobando como unha muller de mediana idade áchase sentada no sofá e unha familiar relata que se atopa nun estado depresivo polo que teme poida pasar algo grave.

Os axentes requiren a presenza dunha ambulancia do 061 na que é trasladada a muller ao HULA para a súa atención médica.

Exercicio de actividade sen título habilitante

Sobre as 16,30 horas do día 13 de outubro/21 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta nunha rúa da cidade vehículos estacionados en zona de carga e descarga, detrás dun establecemento de venda de artigos do automóbil.

No momento que os axentes procedían á denuncia das infraccións observadas, o propietario do establecemento maniféstalles que os vehículos indebidamente estacionados son da súa propiedade, do mesmo xeito que outros once estacionados na vía pública, pois recoñece que se dedica á compravenda de coches.

No interior do establecemento áchanse outros vehículos sen seguro obrigatorio e a maioría sen habelos sometido á Inspección técnica periódica, figurando a nome dos antigos propietarios.

Os axentes proceden a denunciar a sete vehículos por estas infraccións, levantando acta de denuncia contra o propietario do establecemento polo exercicio dunha actividade sen autorización administrativa, facendo uso ademais de dominio público para levar a cabo a venda de vehículos.

Vehículo no medio da calzada

 Sobre as 18,30 horas do día 14 de outubro/21 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo observa un vehículo no centro da calzada, sobre o paso de peóns da rúa Aviador Parga Cerdeira, obstaculizando a circulación.

Os axentes comproban que no interior está o condutor que ante o requirimento de retirada do vehículo para un lugar adecuado da vía pública, NÉGASE, encarándose cos axentes cunha evidente falta de respecto e consideración cara a eles, polo que se procede á súa identificación e denuncia pola obstaculización da circulación de vehículos e peóns, levantando acta de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá pola falta de respecto aos axentes da autoridade e apreciando no condutor a posible existencia de enfermidade ou deficiencia que supón incapacidade para conducir asociada coa capacidade visual,  auditiva e o sistema locomotor debido á alteración que impide a posición  sedente normal ou un manexo eficaz dos mandos e dispositivos do vehículo e que non lle permite manexar adecuadamente o vehículo para non comprometer a seguridade viaria e conseguir unha utilización responsable do turismo, propoñendo a incoación do procedemento para a perda de vixencia da autorización administrativa para conducir pola presunta desaparición dos requisitos que se esixían para o seu outorgamento.

Noticias relacionadas