Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 14 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Presunta simulación de atropelo

O pasado 10 de novembro/22 preséntase na Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo un home con intención de reclamar unhas lesións, supostamente sufridas nunha gasolineira da cidade, manifestando que unha vez que terminara de encher o seu vehículo, ao tentar subirse a el para renovar a marcha, é atropelado por outro turismo, pasándolle por encima do seu pé cunha das rodas traseiras.

O equipo de Atestados localiza ao condutor, presunto autor do atropelo, o cal manifesta que non é consciente de provocar ningunha lesión nin entrar en contacto con ninguén.

Os axentes proceden ao visionado das cámaras de seguridade da gasolineira podendo comprobar, sen ningún lugar a dúbidas, que os feitos denunciados por aquela persoa non se producen tal e como manifesta, non chegando a producirse ningún tipo de contacto entre el e o turismo, polo que se trata dunha SIMULACIÓN DE ACCIDENTE, instruíndose por estas motivo dilixencias para a súa remisión ao Xulgado de Garda.

Filtros de seguridade viaria

 Na madrugada do martes ao mércores día 14 intensificáronse os controis de alcoholemia no centro urbano, onde efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron filtros de seguridade viaria co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, detectando as seguintes incidencias:

  • Dáse o alto a un vehículo que unha vez chequeado o condutor compróbase a través das bases de datos policiais que conduce sen obter NUNCA o permiso de condución, motivo polo cal é presentado na Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria, para a súa remisión ao Xulgado de Garda, na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na rúa Villalba dáse o alto a un condutor que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,63 mg/l,.
  • Na mesma rúa dáse o alto a outro vehículo cuxo condutor presenta signos de inxesta de alcol, lanzando un resultado POSITIVO de 0,64 mg/l,.

En ambos os casos abriuse expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución e inmobilizáronse os vehículos.

Así mesmo foi detectada a circulación dun vehículo cuxa condutora non subscribira un contrato de Seguro de Automóbiles, abríndose expediente sancionador con multa de 1.500 euros.

Na rúa Pintor Villamil unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio dá o alto a un vehículo que presenta danos na parte frontal con saíntes cortantes, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,33 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e retirando o vehículo co servizo de guindastre, quedando inmobilizado no Depósito Municipal.

Accidente de circulación con ferido

Sobre as 16,20 horas do día 13 de decembro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Camiño Real xa que se produciu un accidente de circulación, comprobando os axentes que o condutor dun patinete eléctrico ao adiantar pola dereita a unha fila de vehículos, que se achaban detidos ante a luz vermella dun semáforo, é golpeado pola porta dun vehículo que se achaba estacionado, ao abrila a súa condutora, caendo ao chan o condutor do VMP e continuando este vehículo unha traxectoria recta, chocando contra outro vehículo que se atopaba detido no carril de circulación.

Como consecuencia do accidente o condutor do patinete resultou ferido, sendo trasladado por unha ambulancia ao HULA.

Noticias relacionadas