Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 12 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación con positivo en alcol

Sobre as 00:10 horas do día 12 de abril un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Rei Don García xa que se produciu un accidente de circulación no que un turismo encaixouse na parte traseira dun camión do Servizo de Limpeza Municipal, resultando ferido un pasaxeiro do camión, sendo trasladado por unha ambulancia a un centro médico, non revestindo gravidade.

O condutor do turismo non se atopaba no lugar dos feitos, sendo localizado no HULA onde estaba a ser atendido, lugar ao que se despraza o equipo de Atestados, sendo identificado e manifestando que sufrira un descoido, chocando contra o camión, observando os axentes que presentaba signos de acharse embriagado polo que é sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,52 mg/l., instruíndose as oportunas dilixencias. (Adxúntase imaxe)

Controis de drogas

Na tarde de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron un control estático na Avenida Benigno Rivera para realización de probas de drogas aos condutores, lanzando un resultado de:

  • Un condutor que lanzou un resultado POSITIVO en THC e COCAÍNA.
  • Un condutor que lanzou un resultado POSITIVO en THC.

Ambos os condutores enfróntanse a unha sanción de 1.000 euros e á retirada de 6 puntos do permiso de condución, procedendo á inmobilización dos vehículos. Así mesmo, no transcurso deste dispositivo detectáronse as seguintes infraccións graves á normativa de seguridade viaria:

  • 6 vehículos cuxos titulares non os presentaran no prazo debido á ITV.
  • 1 vehículo que circulaba carecendo de seguro obrigatorio.
  • 1 condutor de vehículo que arrastraba un remolque carecendo de ITV.

Noticias relacionadas